Serafín Otero, candidato do BNG á Alcaldía de Vigo

O actual secretario comarcal da CIG en Vigo, Serafín Otero, será o candidato á alcaldía da cidade olívica polo BNG nos comicios municipais de 2015, tras ser apoiada hoxe pola asamblea local, sen votos en contra nin abstencións, a lista que encabeza.

Acompañarán a Otero na lista do BNG
Victoria Iglesias, Manuel González, Ernes Rodríguez, Manuel Caride, Dolores Rodríguez, Diego Santorio, Elsa Quintas, Xabier Pérez e Maribel Tato.

Non se conta ningún dos tres actuais concelleiros do grupo municipal do BNG no Concello de Vigo: Iolanda Veloso, Santiago Domínguez nin Xabier Alonso.

Tras conseguir hoxe o respaldo da asemblea local de Vigo, a lista encabezada por Otero terá que ser referendada o día 29 no Consello Nacional que o BNG celebrará en Santiago de Compostela.

Este martes, Otero avanzou que polos "tempos nos que estamos nestes momentos" e por ética "persoal", o cambio á fronte da secretaría comarcal da CIG en Vigo debería producirse "de xeito inmediato", tras alcanzar un "consenso" entre as "distintas sensibilidades" dentro da central sindical

Comentarios