Segundo positivo por covid entre os condutores do transporte urbano de Ourense

Os traballadores atópanse illados e o Concello fará test a todo o persoal
Viajeros en un autobús urbano de Ourense. BRAIS LORENZO (Efe)
photo_camera Viaxeiros nun autobús urbano de Ourense.BRAIS LORENZO (Efe)

O Concello de Ourense informou dun segundo caso de positivo por covid-19 no persoal de condutores do transporte urbano da cidade.

O traballador, do mesmo xeito que o seu compañeiro que tamén deu positivo por coronavirus, atópase de baixa e "controlado", segundo informa o goberno ourensán nun comunicado. 

Deste xeito, ademais destes dous condutores, outros catro traballadores que formaban parte do mesma quenda gardan corentena nas súas casas á espera de coñecer o resultado das probas. 
Así as cousas, o Concello anunciou que estuda realizar probas a todo o persoal do transporte urbano en función do resultado que arroxen o test aos que foron sometidos os traballadores illados. 

Tanto o consistorio local como a empresa concesionaria do servizo recordan que, coas medidas establecidas ao comezo da crise no transporte público, non existe "ningún tipo de contacto" entre condutores e viaxeiros, xa que hai unha separación de catro metros entre a zona dos pilotos e o primeiro asento habilitado.

Comentarios