
A Policía Nacional detivo a unha segunda persoa en relación co apuñalamento a un mozo na Coruña a noite do venres ao sábado, segundo informan a Efe fontes da investigación.
A segunda detención produciuse na mañá do domingo, tras producirse un primeiro arresto sobre as 21.00 horas do sábado.
A agresión tivo lugar pasadas as 3.00 horas da madrugada do sábado na zona do Orzán, despois de que pechasen os locais de lecer nocturno.
O mozo ferido permanecía ingresado na Uci o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac). O xuíz decretou o secreto de sumario.
PRIMEIRA DETENCIÓN. O primeiro arresto produciuse o sábado pola tarde no barrio de Monte Alto. A detención non estivo exenta de complexidade, xa que as forzas de seguridade víronse obrigadas a despregar un amplo dispositivo ao redor da vivenda do mozo agresor, porque se atrincheirou nela.
Ao parecer, segundo informaron os medios a última hora deste sábado, o arrestado é un vello coñecido da Policía coruñesa polo seu carácter conflitivo e violento, indicaron.