Seara: ''Non hai ningunha decisión sobre a candidatura de Pachi Vázquez''

A deputada do PSOE no Congreso por Ourense, Laura Seara, asegurou que descoñece se o ex secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, concorrerá ao proceso de primarias para optar á Alcaldía de Ourense.

A preguntas dos xornalistas, Laura Seara apuntou que non hai "ningunha decisión tomada" sobre a posible candidatura do ex secretario socialista, aínda que confía en que haxa varias propostas.

Laura Seara recalcou que Vázquez é "quen ten que responder a esa pregunta".

Recentemente, el mesmo definiuse como un home "de partido" que estará "onde me digan" e que actualmente está no Parlamento galego.

Así, sobre a posible candidatura do deputado autonómico para optar ao Concello de Ourense, Seara asegurou que non o decidiu aínda".

"Se houbese unha decisión tomada saberiámolo Miguel Fidalgo e eu. E non o sabemos", abundou.

Por outra banda, a deputada socialista no Congreso fixo alusión ás palabras do portavoz do PSOE en Ourense, José Ángel Vázquez Barquero, quen sinalou que o candidato debería ser en primeiro lugar o alcalde.

Ademais, sobre a posibilidade de que o candidato do PP sexa o actual presidente da Deputación, José Manuel Baltar, Seara declarou que son modelos distintos para elixir aspirante.

"No PP o candidato será o que o dedo divino de Rajoy ou Feijóo digan, pois serán eles quen designen o candidato", advertiu Seara.

En referencia ao actual alcalde de Xinzo de Limia, Antonio Pérez (PP), imputado nunha ducia de contratos laborais que foron anulados na vía contencioso-administrativa cunha sentenza na que o xuíz aprecia "desviación de poder", Seara dixo que é "unha pésima noticia" que se presente de novo.

"É un pésimo alcalde", lamentou Seara, quen acusou a Pérez de defender "outros intereses" que non son os dos veciños.

O alcalde de Xinzo, única candidatura presentada no Congreso Local do pasado 5 de setembro, gañou co 97,6% dos votos favorables dos compromisarios que participaron no proceso electoral.

Comentarios