Santalices, premiado pola Asociación de Médicos Galegos

O presidente do Parlamento galego dixo sentirse "emocionado e ilusionado por este recoñecemento"

Mariano Rajoy (segundo por la derecha) acudió al acto del entre del premio a Miguel Santalices. EP
photo_camera Mariano Rajoy (segundo pola dereita) acudiu ao acto. EP

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, recibiu este xoves en Madrid a Insignia de Ouro 2018 concedida pola Asociación de Médicos Galegos (ASOMEGA), nun acto no que puxo en valor a excelente capacitación dos facultativos galegos.

Durante a súa intervención Santalices destacou a relevancia do traspaso de competencias sanitarias a Galicia; "pódese falar dun antes e un despois da" transferencia do antigo Insalud a Galicia, efectiva a partir de 1 de xaneiro de 1991, un punto de inflexión que marcou o inicio dunha constante mellora da oferta e a calidade asistencial".

Co traspaso, proseguiu, conseguíronse "definir as nosas propias necesidades sanitarias, tendo en conta das peculiaridades da poboación", convertendo ao sistema sanitario galego nunha referencia.

Como exemplo das novidades introducidas, Santalices citou a historia clínica electrónica, a receita electrónica, o teléfono 061 de urxencias sanitarias, e as novas infraestruturas sanitarias postas en servizo, tanto no ámbito hospitalario como no da atención primaria, coa construción e mellora dunha extensa rede de centros de saúde, especialmente no ámbito rural.

Finalmente, Santalices dixo sentirse "emocionado e ilusionado por este recoñecemento", na medida en que é outorgado por médicos galegos que exercen en postos estratéxicos de centros de referencia.

Comentarios