Sanidade notifica o falecemento de dúas persoas na residencia de Vilalba

Trátase dun home de 86 anos e unha muller de 101. Galicia alcanza os 1.250 mortos desde o inicio da pandemia
El asilo de Vilalba. EP
photo_camera O asilo de Vilalba. EP

A consellería de Sanidade notificou este sábado o falecemento de catro persoas con coronavirus, dous delas usuarias da residencia Asilo Vilalba. Trátase dun home de 86 anos e unha muller de 101, ambos con patoloxías previas. 

O falecemento destas dúas persoas eleva a 133 os mortos na provincia por mor da pandemia, aínda que o balance galego contempla 132, xa que non inclúe a un usuario da residencia de Guntín que morreu en Santiago. 

Ademais destes dous falecidos no Asilo Vilalba, Sanidade notificou a morte dun home de 77 anos no Chuo e outro home de 95 anos no Chup. 

Tras estes novos falecementos, Galicia alcanzou este sábado os 1.250 mortos desde o principio da pandemia. 

Comentarios