Sanidade plantexa medidas máis restritivas na Coruña e Santiago ante a alza de casos

Os concellos que forman parte das súas comarcas están sometidos tamén a unha vixilancia especial
Enfermera realizando pruebas en un Covid-Auto. GONZALO GARCÍA
photo_camera Enfermeira realizando probas nun Covid-Auto. GONZALO GARCÍA

O comité clínico que asesora á Xunta na xestión da pandemia establecerá medidas máis duras para as cidades de Santiago e A Coruña no caso de que se confirme a tendencia á alza dos contaxios. 

Os expertos que conforman este órgano reuníronse este luns e anticiparon un posible endurecemento das restricións actuais no caso de que se manteña a incidencia acumulada nos termos nos que está, con 220 casos por cen mil habitantes a 14 días na capital galega e preto de dous centenares na urbe coruñesa. 

Sexa como for, ata o encontro que os expertos manterán o vindeiro venres as limitacións continuarán igual, con ambas as cidades no nivel medio e con peche perimetral. 

Os concellos que conforman as súas comarcas están sometidos tamén a unha vixilancia especial pola deterioración dos seus datos.

Comentarios