Sanidade anuncia que se crearán novas prazas públicas para fisioterapeutas

O PSdeG asegura que a Atención Primaria está "desatendida" e critica que haxa un fisioterapeuta por cada 17.000 habitantes 
 

El conselleiro de Sanidad, Jesús Vázquez Almuiña. CABALAR (EFE)
photo_camera O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña. CABALAR (EFE)

O conselleiro de nbsp;Sanidade,&Jesús Vázquez Almuíña, afirmou este martes no Pleno do Parlamento que se van a crear “novas prazas para fisioterapeutas”, pero non deu unha cifra xa que, dixo, o número sairá do acordo da mesa sectorial. Ademais, asegurou que Sanidade elaborará unha guía de actuacións para “homoxeneizar a atención primaria” de fisioterapia en toda Galicia e apuntou que esta actuación é unha das propostas a medio prazo recollidas no documento do Plan de Mellora de Atención Primaria e que esperan "pechar este mes de maio".

Na mesma liña, Vázquez Almuíña destacou que nas últimas Ope ofertáronse 71 prazas de fisioterapia e explicou que unha das medidas que levarán a cabo é a mellora da historia clínica electrónica no ámbito da fisioterapia.

 Sanidade elaborará unha guía co obxectivo de homoxeneizar a atención de fisioterapia en toda Galicia

Tamén manifestou que en Galicia a fisioterapia leva incorporada nos centros de atención primaria desde os anos 90, mentres que noutras comunidades autónomas como o País Vasco, unha sanidade "que se considera das mellores de España”, dixo, non teñen ningún fisioterapeuta en atención primaria e teñen como obxectivo para este ano a "creación de seis prazas".

“Feijóo está a construír novos centros de saúde, con ximnasios, que é onde poden traballar os fisioterapeutas”, mentres que no seu goberno "Touriño non aprobou infraestruturas", respondeulle Almuíña ao PSDEG.

Pola súa banda, o deputado socialista Xullo Torrado criticou que en Galicia hai 159 fisioterapeutas en atención primaria, o que supón aproximadamente un fisioterapeuta cada 17.000 habitantes, indicou.

Torrado: "Temos un problema de persoal, pero tamén un de capacitación e de formación"

Nesta liña, apuntou que a Organización Mundial da Saúde” recomenda un profesional por cada 3.000 persoas, polo que Torrado lamentou que a comunidade galega estéá “cen veces peor que o cociente” aconsellado pola OMS.

Así mesmo, o deputado do PSDEG lamentou que “os fisioterapeutas están ao final do sistema” e criticou que o Sergas se esqueceu “de chamalos nas primeiras reunións” para acordar a mellora da atención primaria.

Tamén condenou que “en dez anos” a Consellería convocou prazas en dúas ocasións, “11 nunha ocasión e 71 na última convocatoria", sinalou, e reprochoulle ao conselleiro que "tiveron que pasar dez anos para facer unha convocatoria razoable”.

Comentarios