Rueda: ''Galicia ten máis Concellos dos que se pode permitir''

Rueda conversa con el alcalde de Oza-Cesuras, Pablo González-Cacheiro; el presidente de la Diputación de A Coruña, Diego Calvo, y la delegada territorial de la Xunta de Galicia, Belén Docampo. (EFE/Cabalar)
photo_camera Rueda conversa con el alcalde de Oza-Cesuras, Pablo González-Cacheiro; el presidente de la Diputación de A Coruña, Diego Calvo, y la delegada territorial de la Xunta de Galicia, Belén Docampo. (EFE/Cabalar)

O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, sostivo hoxe que "o camiño" para os concellos é a fusión, de maneira que se poidan continuar prestando os servizos actuais, pois Galicia conta actualmente con máis consistorios dos que se pode "permitir".

Rueda visitou este mediodía o primeiro termo municipal galego fusionado desde 1968, o de Oza-Cesuras, concellos que se uniron hai un ano nunha decisión que, para Rueda, é un exemplo a seguir.

"Cos servizos que prestan agora os concellos, como non se unan baixo fórmulas de cooperación ou baixo a fusión, que sería a fórmula última, moitas das cousas que se fan agora serán moi difíciles de facer no futuro", recalcou ante os medios de comunicación.

Na súa opinión "o número de concellos" que existe na actualidade en Galicia "é moito máis elevado" do que se pode "permitir" a comunidade, que agora ten 314.

Comentarios