Rueda, favorable ás sancións se a familia Franco incumpre as visitas ao Pazo de Meirás

O vicepresidente da Xunta asegura que se incoou un expediente informativo
Las Torres de Meirás
photo_camera Las Torres de Meirás

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mostrouse este martes favorable a sancionar á familia Franco no caso de que se estea incumprindo a normativa de visitas ao Pazo de Meirás, catalogado como Ben de Interese Cultural (BIC).

Tras unha reunión coa Valedora do Pobo sobre transparencia na administración, Rueda confirmou a preguntas dos xornalistas que o Goberno galego incoou un expediente informativo para coñecer se se está incumprindo o réxime de visitas establecido tras a declaración BIC do edificio.

"Efectivamente, abriuse un expediente porque se constatou que o sistema de acceso de visitas, a dirección electrónica, o teléfono, non estaba a funcionar. Veremos o resultado do expediente e se se está incumprindo debería haber sanción", concluíu.

Preguntado polas queixas dos grupos da oposición e as súas denuncias de trato de favor aos Franco, o vicepresidente da Xunta defendeu o dereito a que digan o que queiran aínda que se mostrou convencido de que o Goberno galego "actúa con total obxectividade" neste asunto.

Comentarios