Rueda di que ''pouco máis'' pode facer que esperar o mellor para NCG Banco

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mostrouse hoxe seguro de que o Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB) entregará NCG Banco á mellor oferta e no caso do seu Goberno dixo que "pouco máis podemos facer que continuar ata o último momento transmitindo o noso desexo".

En declaracións aos informadores con motivo da reunión de comité de dirección do PPdeG, recordou que o interese da Administración autonómica é que "sexa quen sexa o que finalmente resulte gañador manteña o que sempre pedimos", que flúa o crédito "aquí para as empresas e familias galegas" e que os órganos de decisión "estean aquí".

"Que se siga mantendo -proseguiu- a identidade dunha entidade financeira en Galicia. Ese é o noso desexo, veremos agora cal é o resultado".

Comentarios