Porto, na Uci tras unha inxesta de fármacos

Este venres ía ser trasladada de Teixeiro á Lama para cumprir en Pontevedra o que lle resta de condena por asasinar á súa filla ►Esta semana recibiu unha carta de Afonso Basterra

Rosario Porto, durante el juicio
photo_camera Rosario Porto, durante el juicio

Rosario Porto, nai e coautora do asasinato de Asunta Basterra, foi trasladada este vienres pola mañá ao Chuac desde o cárcere de Teixeiro, onde foi atopada incosciente na súa cela. Segundo indicaron fontes penais a AGN, o suceso rexistrouse precisamente hoxe, xornada na que ía ser trasladada ao centro penal da Lama para cumprir o que lle resta de condena polo crime que perpretró co seu exmarido, Alfonso Basterra. Porto atópase na Unidade de Coidados Intensivos.

UNHA MISIVA DO SEU EX. Tal e como puido confirmar o Grupo El Progreso, Rosario Porto recibiu esta semana en prisión unha carta do seu exmarido, Alfonso Basterra. Descoñécese se a misiva puido afectar o estado de ánimo da avogada compostelá.

Comentarios