Rosario Porto continuará sen saír de prisión

Segundo informa o seu avogado, todos os permisos que solicitou a súa clienta foron rexeitados
Rosario Porto y José Luis Gutiérrez Aranguren, durante una de las jornadas del juicio por la muerte de Asunta Basterra. ARCHIVO
photo_camera Rosario Porto e José Luis Gutiérrez Aranguren, durante unha das xornadas do xuízo pola morte de Asunta Basterra. ARQUIVO

Rosario Porto, que cumpre unha pena de 18 anos de prisión polo asasinato en 2013 da súa filla Asunta Basterra, non poderá saír de prisión polo de agora.

Segundo informa a TVG, Porto xa tería solicitado polo menos 3 ou 4 permisos para saír de cadea, mais como confirma o seu avogado, todos foron rexeitados.

Porto está actualmente no cárcere de mulleres de Brieva, en Ávila, tras ser trasladada o 7 de marzo desde A Lama.

Comentarios