O Goberno fará "todo o posible" por cumprir coas obras para a Ave Lisboa-Vigo en 2032

O delegado do Goberno en Galicia asegura que o Executivo "está a cumprir" e non hai "ningunha dúbida de que o seguirá facendo"
Pedro Blanco Lobeiras (Monfero, 1968). PEPE FERRÍN (AGN)
photo_camera Pedro Blanco Lobeiras. PEPE FERRÍN (AGN)

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, asegurou este venres que o Executivo estatal comparte os obxectivos da Xunta e de Portugal para que a implantación da liña ferroviaria de alta velocidade que vai permitir unir Lisboa e Vigo estea en 2032, polo que farán "todo o posible".

En declaracións á prensa tras un acto en Santiago, Blanco reiterou o compromiso que tamén existe por parte do Goberno con esta conexión despois de que, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Roda, e o ministro de Infraestruturas luso, Miguel Pinto Luz, situasen a implantación desta liña no horizonte de 2032.

Blanco sostivo que o Goberno "está cumprindo" e non hai "ningunha dúbida de que o seguirá facendo".

Con ese obxectivo, dixo, "imos facer todo o posible para facer o que non se fixo antes" e que "toda a obra" da parte española estea concluída para garantir a posta en marcha da conexión entre Vigo e Lisboa en 2032. 

Comentarios