Rueda confía no voto Cera para conseguir o deputado número 42 para o PP

Os populares perderon o escano por 47 votos
Alfonso Rueda. JAVIER CERVERA
photo_camera Alfonso Rueda. JAVIER CERVERA

O presidente provincial do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, mostrouse este luns convencido de que o voto do Censo Español de Residentes Ausentes (Cera) dará ao seu partido un deputado máis pola provincia, co que conseguirá en Galicia un total de 42 escanos.

O PP quedou finalmente, segundo os resultados provisionais das urnas, con 41 deputados, tras estar fluctuando durante as últimas horas un deputado na provincia de Pontevedra, que finalmente quedou con dez.

De feito, Rueda dixo este luns, ante a Xunta Directiva do PPdeG, que o domingo tivo unha "sensación agridoce" xa que este deputado perdeuse por 47 votos e apuntou que lle agradecerá moito aos representantes da emigración que sexan "capaces de devolvelo" e darlle a Núñez Feijóo o deputado 11 "que se merece".

Pola súa banda, o presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, valorou o "excelente resultado" do partido "escano arriba ou abaixo" e independentemente de que a "foto finish" confirme ou non un máis para o partido. 

Comentarios