lunes. 09.12.2019 |
El tiempo
lunes. 09.12.2019
El tiempo

Rivera de la Cruz: "Gustaríame que Meirás se vinculase a Pardo Bazán e non a un ditador"

Marta Rivera da Cruz. MONCHO FONTES (EFE)
Marta Rivera da Cruz. MONCHO FONTES (EFE)

A deputada lucense de Ciudadanos felicita á Avogacía do Estado por atopar unha vía para recuperar o pazo do Franco

A deputada no Congreso dos Deputados por Cidadáns Marta Rivera da Cruz felicitou á Avogacía do Estado por atopar "unha vía" para recuperar o Pazo de Meirás, Á vez que indicou que lle gustaría que este inmoble se vinculase a Emilia Pardo Bazán e non a un ditador". 

Así o asegurou este venres nun acto celebrado na Coruña, onde a deputada da formación laranxa recordou que o partido laranxa xa participara o pasado ano nunha iniciativa no Congreso dos Deputados na que instaban a que se explorasen todas as vías legais para que este pazo puidese volver aos seus propietarios orixinais. 

"Hai que felicitarse polo traballo da Avogacía do Estado que estivo documentándose para atopar unha vía para recuperalo e, logo de moito tempo, parece que a atopou", insistiu Rivera, quen asegurou: "Gustaríame que o Pazo de Meirás se vinculase a Emilia Pardo Bazán e non a un ditador".

VISITA A UTACA. Doutra banda, a deputada de Ciudadanos visitou este venres a Unidade de Tratamento do Alcol e Condutas Adictivas, Utaca, para coñecer en primeira persoa esta asociación. 

"Prestan axuda moi valiosa a persoas que están a intentar deixar o alcol e as administracións teñen que axilizar as axudas para facilitar o seu traballo", finalizou Rivera. 

Rivera de la Cruz: "Gustaríame que Meirás se vinculase a Pardo...
Comentarios