Ribadeo clausura o hotel de Illa Pancha por deficiencias técnicas

O alcalde asegura que as actuacións executadas non se corresponden co previsto na licenza de obra
Faro de Illa Pancha
photo_camera Faro de Illa Pancha

O Concello de Ribadeo clausurou o hotel do faro de Illa Pancha por mor dunha irregularidade na tramitación da licenza de apertura. Segundo revelou este xoves o alcalde no pleno, as actuacións executadas non se corresponden co previsto na licenza de obras.

Fernando Suárez explicou que a empresa concesionaria debía entregar unha declaración xurada conforme o executado no interior do faro se correspondía exactamente co que contemplado na licenza, "tecnicamente vimos que iso resultou non ser certo e polo tanto procedemos a clausurar o establecemento".

Por outra banda, tamén se mostrou crítico coa Autoridade Portuaria, organismo con competencias sobre o illote e as instalacións de sinalización xa que, apuntou, en dúas ocasións o Concello de Ribadeo dirixiuse a devandita entidade para preguntar como proceder por mor das conclusións do Defensor do Pobo sobre o proceso e en ningún intento obtivo resposta.

Esta resposta ofreceuna nun pleno particularmente bronco no que os concelleiros do PP Juan Estévez e José María Sanjurjo abandonaron a sesión ao entender que o alcalde lles chamou lerchos ao intervir o rexedor, afirmando que "a actitude da Xunta con Ribadeo é arbitraria, discriminatoria, por non dicir, unha sinvergüencería".

Critica que a Xunta non achegue nada ao Concello para abastecemento e saneamento desde o ano 2009.

Comentarios