Rexistrados dous incendios en Entrimo e Lobios que afectan o Parque Natural do Xurés

Segundo os primeiros indicios, estes lumes, que xa foron estabilizados, puideron ser causados por un raio

Incendio en Seadur. EP
photo_camera Incendio en Seadur. EP

Dous incendios forestais que afectan o Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés foron rexistrados nos concellos de Entrimo (parroquia da Illa) e Lobios (parroquia de Riocaldo). 

Diso informou a Consellería do Medio Rural, que detalla que, segundo os primeiros indicios, estes lumes, que xa foron estabilizados, puideron ser causados por un raio. 

En concreto, o incendio de Entrimo rexistrouse ás 21.07 horas e quedou estabilizado ás 21.51 horas. As primeiras estimacións cifran a superficie afectada en menos dunha hectárea. 

Pola súa banda, o incendio de Lobios empezou ás 20,33 horas e quedou estabilizado ás 22.16 horas. 

SEADUR. Os medios antiincendios tamén traballan na extinción doutro incendio en Seadur, Larouco.
 

Comentarios