Rexistrado un terremoto de magnitude 3,1 que se deixou notar en Vilariño de Conso

O xoves detectouse outro sismo a uns 50 quilómetros de distancia, no municipio lucense de Quiroga
Terremoto en Vilariño de Conso.  EP
photo_camera Terremoto en Vilariño de Conso. EP

Vilariño de Conso foi epicentro dun sismo de 3,1 graos que se deixou notar minutos logo das nove a mañá deste venres neste municipio ourensán, segundo recolle o Instituto Xeográfico Nacional (IGN). E aínda que non deixou danos materiais, si foi percibido polos veciños da comarca de Viana.

Persiste, xa que logo, a actividade sísmica en Galicia un mes máis tarde do enxame de terremotos da comarca tamén ourensá da Limia, que acumulou máis de 80 tremores nunha semana.

TREMOR EN QUIROGA. E horas antes, o xoves, detectouse outro sismo a uns 50 quilómetros de distancia, no municipio lucense de Quiroga. Neste caso, foi de magnitude 2 e con epicentro a 17 quilómetros de profundidade, segundo os rexistros do Instituto Xeográfico Nacional (IGN). Tívose constancia del sobre as 15.20 pero non foi perceptible.

Comentarios