jueves. 24.09.2020 |
El tiempo
jueves. 24.09.2020
El tiempo

Retiran un niño de avispas velutinas con "moito perigo" dun balcón en Cee

Niño de velutinas, coas súas larvas, nunha imaxe de arquivo L.A.R.
Niño de velutinas, coas súas larvas, nunha imaxe de arquivo L.A.R.
Os bombeiros procederon a sacalo "para un saco plástico para a súa posterior destrución"

Efectivos dos Bombeiros de Cee retiraron na noite deste mércores un niño de avispas velutinas con moito "perigo" por estar situado no balcón dunha vivenda neste municipio coruñés.

Segundo informaron os Bombeiros de Cee, ás 21.05 horas deste mércores recibiron o aviso pola presenza dun niño de avispas velutinas no balcón dunha vivenda na Rúa Gueifar en Cee.

As mesmas fontes indicaron que procederon a retirar un "niño primario de pequena dimensión pero de moito perigo por estar no beirado do balcón da vivenda".

Equipados co EPI de velutina, "logo de mollar ben co insecticida", os bombeiros procederon a retirar o niño "para un saco plástico para a súa posterior destrución". Concluíron a intervención sobre as 21.40 horas.

Retiran un niño de avispas velutinas con "moito perigo" dun balcón...
comentarios