Rescatan a dous golfiños varados no Grove

Trátase dunha femia adulta e un macho xuvenil. Ambos foron recollidos, avaliados e reintroducidos no centro da ría de Arousa
Un momento del rescate de los delfines de O Grove. CEMMAcetaceos
photo_camera Un momento del rescate de los delfines de O Grove. CEMMAcetaceos

CEMMAcetaceos informou a través do seu perfil de Facebook de que a nbsp;primeira&hora da mañá deste domingo foi localizado varado un golfiño común na parte interior do complexo intermareal Umia–O Grove, na costa do Grove e fronte á illa da Toxa. Pouco despois descubriuse un segundo exemplar nadando que tamén acabou varando.

Trátase dunha femia adulta e un macho xuvenil. Ambos foron recollidos, avaliados e posteriormente reintroducidos no centro da ría de Arousa.

Desde a organización destacan que, a pesar de desprazar varias unidades móbiles de CEMMA, non fose posible conseguir o mesmo resultado sen a colaboración de strong<> BOTTLENOSE DOLPHIN RESEARCH INSTITUTE–BDRI coa súa embarcación, Emerxencias O Grove, Policía Local O Grove, guardapescas da confraría do Grove e piragüistas do club de remo.

comentarios