Rescatan a un can que quedou atrapado nunha tubaxe en Vilaboa

Agochouse tras una pelea con outro can
Un guardia rescata al perro. GUARDIA CIVIL
photo_camera Un guardia rescata al perro. GUARDIA CIVIL

Axentes da Garda Civil liberaron en Vilaboa a un can que se quedou atrapado nunha tubaxe na que se escondeu tras verse envolto nunha pelexa con outro can, informou o instituto armado.

O animal introduciuse na tubaxe, duns 40 centímetros de diámetro, aínda que parcialmente tupida, e enterrada uns dous metros.

Varios veciños ofreceron os seus apeiros de labranza para que os axentes puidesen limpar o conduto e deixalo expedito facilitándolle a respiración e o movemento.

En canto a Garda Civil limpou o conduto, o can respondeu de inmediato á chamada da súa dona e acudiu ao seu encontro san e salvo.

Comentarios