miércoles. 19.01.2022 |
El tiempo
miércoles. 19.01.2022
El tiempo

Rescatados os tres tripulantes dunha embarcación naufragada en Laxe

Unha lancha que faenaba pola zona rescatou na madrugada deste martes aos tres tripulantes dunha embarcación que se afundía a uns 100 metros do peirao de Laxe, A Coruña.

Segundo informaron a Europa Press fontes do 112-Galicia, e tal e como a axencia de noticias recolle no seu portal web, a central de coordinación recibiu unha chamada pouco antes das 2.00 horas deste martes alertando dunha embarcación afundíndose nas proximidades do peirao de Laxe.

Foron entón alertados efectivos de Salvamento Marítimo, Gardacostas e Protección Civil, así como Urxencias Sanitarias 061-Galicia, que se desprazaron ata a zona. Os tres tripulantes da embarcación foron finalmente rescatados por unha lancha que faenaba na zona.

Unicamente o patrón precisou asistencia médica por mor dun golpe,
polo que foi trasladado ao Centro de Saúde de Ponteceso.

Rescatados os tres tripulantes dunha embarcación naufragada en Laxe
comentarios