Rescan os catro ocupantes dun veleiro en Oleiros

A nave, cuxo mastro crebou, foi remolcada ata o porto de Ares

A Garda Civil ha rescatado aos catro ocupantes dun veleiro que sufriu unha avaría no municipio coruñés de Oleiros.

O pasado domingo durante o transcurso dun servizo próximo ao litoral de Lorbé unha patrulleira pertencente ao Servizo Marítimo da Garda Civil da Coruña avistou un veleiro que, tras unha manobra acusada, sufriu a rotura do mastro.

Este precipitouse sobre a cuberta onde se atopaba a tripulación, de catro persoas, e a Garda Civil proporcionou auxilio para despexar a cuberta.

Tras comprobar que non había ningún ferido, estabilizouse a nave e remolcouse ata o porto de Ares cos catro ocupantes da embarcación en perfecto estado, relata o Instituto Armado a través dunha nota de prensa.

Comentarios