Un reo provoca un incendio no módulo de illamento do cárcere de Teixeiro

Heroica actuación de dous funcionarios de prisións, que tiveron que empregar os traxes contraincendios para auxiliar os internos

Cárcel de Teixeiro. AEP
photo_camera Cárcere de Teixeiro. AEP

Un recluso provocaba na tarde deste martes un incendio no módulo de illamento do cárcere de Teixeiro que obrigou a pór en marcha un operativo de evacuación dos internos. Segundo relata a TVG citando a fontes de Institucións Penais, os funcionarios detectaron a través das cámaras o lume e empregaron os traxes antiincendios para auxiliar os prisioneiros.

Tras abrir as celas e levar os presos ao patio, comprobaron no reconto que faltaba un, polo que os funcionarios volveron internarse no módulo entre un fume moi denso para localizalo. Cando o atoparon xa se vira afectado pola inhalación do fume, polo que foi trasladado á enfermería.

Os presos de Teixeiro aplaudiron e ovacionaron os funcionarios pola súa actuación.

Comentarios