miércoles. 19.01.2022 |
El tiempo
miércoles. 19.01.2022
El tiempo

Rexistrados dous terremotos en Laxe e outro en Ribeira de Piquín

Os tremores da costa coruñesa alcanzaron unha magnitude de 2,5 e 3,1 na escala de Richter. O que tivo como epicentro Chao do Pousadoiro foi de 1,8

Dous tremores de terra deixáronse sentir na madrugada deste xoves nos arredores de Laxe (A Coruña), informa o 112, que tivo constancia pola chamada dun veciño de Cabana de Bergantiños.

O Instituto Xeográfico Nacional confirmou unha magnitude 2,5 e unha réplica maior de 3,1, así como que o epicentro se rexistrou no sueste deste concello.

Sucedeu o primeiro feito ás 00.17 horas e as chamadas producíronse desde e media.

A primeira hora do mércores tamén houbo un pequeno tremor de 1,8 graos en Chao do Pousadoiro, no municipio lucense de Ribeira de Piquín.

Rexistrados dous terremotos en Laxe e outro en Ribeira de Piquín
comentarios