domingo. 16.01.2022 |
El tiempo
domingo. 16.01.2022
El tiempo

Recuperan sen vida o corpo dun pescador que caeu á auga en Laxe

Un pescador deportivo perdeu a vida este domingo en Laxe, logo de precipitarse á auga e golpear o seu corpo contra unhas rocas. Salvamento Marítimo recuperou o cadáver pasadas as 11.00 horas.

O accidente coñeceuse ás 8:40 horas, cando un dos compañeiros de pesca da vítima ofreceu a Salvamento detalles sobre o suceso, dado que presenciou a caída nas proximidades do cemiterio vello de Laxe e observou como se golpeou nas rocas e como foi arrastrado polo mar.
 
A vítima foi localizada sobre as 11:05 horas e o seu corpo recuperado do mar co que foi trasladado ao peirao de Laxe. As mesmas fontes informaron de que no rastrexo participou o Hélimer 218, a guardamar Concepción Areal e forzas de protección civil e do 112 locais. 
 

Recuperan sen vida o corpo dun pescador que caeu á auga en Laxe
comentarios