Un home dispara a outro cunha pistola eléctrica en Betanzos

Un viandante recriminou a outro o non recoller os excrementos dun can e acabou recibindo a agresión
Betanzos. GOOGLEMAPS
photo_camera Betanzos. GOOGLEMAPS

Un home disparou a outro cunha pistola eléctrica en Betanzos tras unha discusión entre ambos despois de que o primeiro non recollese os excrementos do seu can, segundo recolle o parte da Policía Local. 

A intervención policial produciuse na tarde o xoves en Rúa Nova, á altura do número 59, deste municipio coruñés despois de que unha patrulla oubservase a un home que se dirixía a outro, de forma ameazante, e intentaba golpealo cun bastón mentres o agarraba unha muller para impedilo. 

Xa ante un axente, e sangrando pola boca, explicou que a persoa á que lle viron ameazando marchouse do lugar e que previamente disparáralle cunha pistola eléctrica. 

Explicou tamén que el transitaba pola beirarrúa en dirección á súa casa e, cando chegou á altura da fachada da mesma, viu que un home e unha muller, acompañados dun can pequeno, non recollían os excrementos que o animal acababa de depositar na rúa. 

Chamoulles a atención por iso, momento no que se produciu unha dicusión. Nun momento dado o home que levaba o can, desde o centro da calzada, sacou unha defensa eléctrica e disparoulle alcanzándoa cun dos dous dardos no beizo superior. Entón, segundo explicou tamén, entrou en casa, colleu un bastón e saíu para agredir ao outro. 

Ao agresor, que se ausentou do lugar e que volveu, requiríuselle para que entregase a defensa eléctrica e a carga e comunicóuselle a formalización de denuncia por tenencia da mesma sen licenza. á Policía, expúxolle que a usou para defenderse do outro implicado. 

Comentarios