Reabren dous pasos fronteirizos entre Galicia e Portugal

Un control en la frontera con Portugal. EFE
photo_camera Un control na fronteira con Portugal. EFE

A circulación quedou restablecida este martes en dous pasos fronteirizos entre Galicia e Portugal situados en Lobios —que conecta coa Madalena-Ponte da Barca— e A Mezquita —para Manzalvos-Moimenta—, que permaneceran pechados debido á situación polo covid-19. 

A Delegación do Goberno en Galicia informa de que a circulación estará permitida de luns a venres en horario de 7.00 a 10.00 e de 18.00 a 21.00 horas. 

"España e Portugal acordaron de xeito coordinado prorrogar os controis restablecidos temporalmente na fronteira interior terrestre entre ambos os países, unha medida que ten como obxectivo facer fronte á situación de crise sanitaria ocasionada polo covid-19", explica. 

A prórroga destes controis establécese nunha orde asinada polo ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, publicada o pasado venres no Boletín Oficial do Estado. O texto sinala que a medida se manterá ata o 16 de marzo. Así mesmo, establécese que "as entradas e saídas do territorio español só poderán realizarse polos pasos autorizados e durante os horarios que se establezan". 

Os pasos fronteirizos autorizados que están abertos as 24 horas do día todos os días da semana son os de Tui-Valença e Verín-Vila Verde da Raia

Mentres, están operativos de luns a venres de 7.00 a 10.00 e de 18.00 a 21.00 horas (hora española) os de Salvaterra do Miño-Monçao, Arbo-Melgaço, Baltar-Montealegre, A Madalena-Ponte da Barca e Manzalvos-Moimenta

A orde engade que só se permitirá a entrada a territorio español ás persoas que se encontren nalgún dos supostos recollidos no punto 2 do artigo único, entre os que se atopan os traballadores transfronteirizos, traballadores sanitarios e do transporte, recorda a Delegación do Goberno.

Comentarios