Rafael Louzán denuncia unha persecución política

O expresidente da Deputación de Pontevedra está acusado de suborno polo suposto sobreprezo que cobraba polo aluguer dos seus locais en Vigo
Louzán y su letrado, en una de sus recientes visitas a los juzgados de Cambados
photo_camera Louzán y su letrado, en una de sus recientes visitas a los juzgados de Cambados

O expresidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, cualificou de "persecución política" a petición dun ano de cárcere por parte da Fiscalía polo caso do suposto sobreprezo que o deputado provincial Severino Reguera pagaba polo aluguer de varios locais comerciais propiedade de Louzán para que este favorecese a súa carreira política.

En declaracións ao termo dun acto da Federación Galega de Fútbol (FGF) da que é presidente, o acusado avanzou que a próxima semana os seus avogados rebaterán a petición da Fiscalía e que dese modo responderá de forma "contundente" ás acusacións. A Fiscalía de Pontevedra anunciou o pasado fin de semana a petición dun ano de cárcere para o exbarón popular por un delito de suborno. 

"Todo son unha serie de conxecturas que fai o fiscal. E de conxecturas non se pode vivir", sinala o exbarón do PP


"Isto é unha cuestión de persecución política e irase comprobando co tempo de que non hai ningun dato nin documentación que o acredite", afirmou, á vez que engadiu que "todo son unha serie de conxecturas que fai o fiscal. E de conxecturas non se pode vivir", sinalou.

O popular, que deu un paso atrás ao renunciar á acta de concelleiro en Ribadumia o pasado mes de marzo logo de perder a presidencia da Deputación en xuño de 2015, asegurou que ten no seu poder "unha chea de documentos" que proban a súa inocencia.

CUESTION "PURAMENTE PERSOAL". Estes documentos xa foron "achegados" ao xulgado de Cambados que instrúe o caso, entre os que se inclúen, segundo Louzán, "contratos da mesma data, de superficies parecidas e do mesmo fin" que proban que Reguera non pagou un sobreprezo polos locais.

Así mesmo, indicou que é unha cuestión "puramente persoal" duns inmobles comprados "hai dez anos" a "unha cooperativa, non a un construtor" a través de "unha hipoteca" que "aínda" está a pagar e engadiu que "ningunha testemuña" chamada a declarar no caso "deu pábulo" ás acusacións de suborno.

Comentarios