Feijoo quita da manga a súa fichaxe estrela: o sobriño de Fraga

Pedro Puy Fraga, hasta el momento Conselleiro del Consello de Contas de Galicia (EPL)
photo_camera Pedro Puy Fraga, hasta el momento Conselleiro del Consello de Contas de Galicia (EPL)

O profesor de Economía Aplicada da Universidade de Santiago e sobriño do que foi presidente da Xunta durante 16 anos, Pedro Puy Fraga (1962), é a fichaxe estrela do PPdeG para as autonómicas. Concorrerá como candidato pola provincia da Coruña.

O propio Puy Fraga confirmouno, aínda que non aclarou se será o cabeza de lista provincial, en consonancia co hermetismo do que fixeron gala os últimos días os populares galegos.

Pedro Puy é fillo de Rosario Fraga Iribarne, irmá de Manuel Fraga, fundador de Alianza Popular. Actualmente era conselleiro do Consello de Contas, cargo ao que renunciará para ir nas listas populares, xa que o posto no órgano fiscalizador é inelexible cun escano na Cámara.

Algo de currículo
Licenciado e doutor en Dereito e profesor da USC, é a primeira vez que opta a unha acta de deputado, aínda que ocupou diversos postos na Xunta gobernada por Manuel Fraga.

Foi xefe de gabinete do ex conselleiro de Política Territorial, Xosé Cuiña, director xeral de Relacións Institucionais, de Administracións Públicas ou membro do Consello de Administración da compañía de televisión pública CRTVG.

Man dereita de Feijoo, na presente lexislatura tivo un papel destacado no fracasado intento de reforma do Estatuto.

Comentarios