jueves. 20.02.2020 |
El tiempo
jueves. 20.02.2020
El tiempo

O PSdeG ve na "rectificación" en Verín unha "vitoria da maioría progresista"

Gonzalo Caballero.SEBAS SENANDE
Gonzalo Caballero.SEBAS SENANDE

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, considera que o anuncio da reapertura a mediados de febreiro do paridoiro do Hospital de Verín é "a primeira vitoria da maioría social progresista de Galicia en 2020". Para o socialista, é "unha rectificación" do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, provocada pola "mobilización da cidadanía". 

O líder do PSdeG reaccionou así este domingo ao anuncio da Consellería de Sanidade de que contratará esta semana dous pediatras co obxectivo de que o servizo de partos volva estar dispoñible a comezos do próximo mes. Neste punto, esixiu "celeridade" na reapertura e que se acompañe a decisión dunhas "desculpas e de asunción de responsabilidades". 

"Feijóo alegaba supostos criterios técnicos para o peche do paridoiro e falou de riscos para levar a cabo partos en Verín por un número de nacementos que consideraba escaso", dixo Caballero, quen tamén recordou que ese hospital tiña "cifras similares" ás doutros centros comarcais. Non en balde, achacou o peche deste servizo a unha " decisión política" con consecuencias "moi lesivas" para a cidadanía. "Decidiu empezar por Verín pero ten programada a demolición da calidade na sanidade nas distintas bisbarras", avisou. 

Caballero apelou á mobilización na manifestación convocada para o domingo 9 de febreiro en defensa da sanidade pública. "É máis necesario ca nunca frear esta dereita", concluíu. 

O PSdeG ve na "rectificación" en Verín unha "vitoria da maioría...
Comentarios