O PSdeG tacha as comisións do Marisquiño e Sanidade de "escandalosas"

Losada lamenta que os grupos de esquerda sexan "acompañantes dun sainete que dirixen" Feijóo e Rueda contra Vigo

Abel Losada. AEP
photo_camera Abel Losada. AEP

O deputado do PSOE Abel Losada cualificou este xoves de incribles, "inverosímiis e escandalosas" as comisións de investigación do Marisquiño e Sanidade que se celebran no Parlamento de Galicia. A formación xustifica nun comunicado o abandono do seu grupo desta última por culpa do "rodete" levado a cabo desde as filas do PPdeG.

A día de hoxe, só avanza con máis dun grupo a comisión sobre o accidente do Marisquiño, que para Abel Losada ten un único obxectivo por parte de PP, En Marea e BNG: realizar un "ataque frontal contra Vigo". Neste sentido, os socialistas lamentan que os grupos de esquerda actúen de simples "acompañantes dun sainete que dirixen" o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o vicepresidente, Alfonso Rueda. "Trátase dunha clara intromisión na autonomía municipal de Vigo", finalizou o parlamentario socialista.

Comentarios