AVANCE

Un home ingresado no Chuac, primeiro positivo por coronavirus en Galicia

Xa se iniciou o estudo de contactos para determinar as medidas necesarias que permitan previr novos contagios
Hospital Álvaro Cunqueiro. RAFA FARIÑA
photo_camera O paciente, madrileño, está illado no Chuac. EP

As análises realizadas no Servizo de Urxencias do Chuac, e confirmadas polo Centro Nacional de Microbioloxía, a un paciente procedente de Madrid confirman a infección por coronavirus dun home de 49 anos que se atopa illado no hospital, en cumprimento dos protocolos acordados co Ministerio de Sanidade. Trátase do primeiro caso positivo confirmado en Galicia.

A Dirección Xeral de Saúde Pública está a seguir o protocolo e xa iniciou  o estudo de contactos para determinar as medidas necesarias que permitan previr novos contaxios.

A consellería de Sanidade explicará esta tarde nunha rolda de prensa os pormenores do caso.

Comentarios