Presos da Lama crean un cóctel molotov con papel hixiénico e calcetíns

O incendio afectou a un colector

Prisión de A Lama. GONZALO GARCÍA
photo_camera Prisión da Lama. GONZALO GARCÍA

Presos da Lama provocaron o pasado luns pola noite un incendio utilizando para iso un 'cóctel molotov' de fabricación caseira elaborado con papel hixiénico, calcetíns e botellas de plástico. Os funcionarios comprobaron que o lume foi orixinado cun obxecto incendiario lanzado desde a fiestra dunha cela.

Os traballadores conseguiron sufocar as  chamas con extintores sen que ningún recluso sufrise danos. Só se viu afectado un colector.

comentarios