domingo. 05.07.2020 |
El tiempo
domingo. 05.07.2020
El tiempo

A presión social obriga a Educación a retirar o borrador do plan de docencia mixta

Entrada á facultade de Veterinaria. EP
Entrada á facultade de Veterinaria. EP
A principal crítica ao documento partiu de que sería a Fundación Empresa Universidade Galega e unha consultora externa as encargadas de pilotar e xestionar todo o proceso

A Xunta retirou a súa proposta de implantación de docencia mixta no sistema universitario galego, unha iniciativa que xerou un rexeitamento practicamente unánime entre a comunidade académica e as propias institucións tanto polas súas formulacións, polos tempos marcados no texto como pola supervision do proceso por parte de entidades privadas e externas ás institucións académicas. 

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional anunciaba hai unhas semanas a constitución dun grupo de traballo para avanzar cara a un modelo mixto de ensino, que combinase a presencialidad e a docencia 'online'. 

Hai uns días, transcendeu o borrador do documento, aínda aberto a alegacións, no que se planificaba a implantación deste modelo en dúas fases: unha voluntaria o próximo curso e outro xeneral, na que xa se estendería á maioría de graos, n o período 2021-2022. 

A principal crítica ao documento partiu de que sería a Fundación Empresa Universidade Galega (FEUGA) e unha consultora externa as encargadas de pilotar e xestionar todo o proceso, en lugar de tratarse dunha adaptación que partise das propias institucións. 

Todo iso motivou un rotundo rexeitamento desde os sindicatos docentes, o colectivo investigador e o propio profesorado da universidade, que remitiu unha carta á Consellería (subscrita por docentes das tres institucións académicas) para pedir a retirada do plan. Educación, pola súa banda, censurou a utilización deste texto para "a confrontación".

A presión social obriga a Educación a retirar o borrador do plan de...
comentarios