Preparan o rescate dos tres arroaces varados baixo a ponte da Illa da Toxa

Son dous exemplares adultos e un xuvenil identificados como Aquelado, Capitán e Grumete
O arroaz Capitán. CEMMA
photo_camera O arroaz Capitán. CEMMA

A Cemma, a Dirección Xeral de Patrimonio Natural e o Concello do Grove preparan un operativo de rescate para os tres arroaces Tursiops truncatus que permanecen baixo a ponte da Toxa dende a madrugada do pasado mércores. Están identificados pola Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) como Aquelado, Capitán e Grumete. Os dous primeiros son exemplares adultos coñecidos desde o 2003 e 2014 e o terceiro é un exemplar xuvenil que foi rexistrado por primeir ves este ano.

Segundo informa a Cemma, xa forona avistados os tres xuntos durante as campañas de embarques participativos da ONG desenvolta no mes de agos na ría de Arousa.

"Non resulta estraño que os arroaces naveguen entre Cambados e a Illa da Toxa aínda que non adoitan introducirse cara á parte interior da illa e cara ao Grove, a causa de que identifican que os baixos e lombos de area poden ser perigosos e quedar varados na baixa mar", indican desde a Cemma. 

"Hai uns meses uns golfiños comúns, Delphinus delphis, tiveron que ser rescatados desta zona ao quedar varados, mais no caso desta especie, que descoñece o funcionamento das mareas na zona, esta situación era previsible. Para os arroaces a situación é diferente a causa de que coñecen os fondos e as mareas, polo que resulta raro que entren cara esa zona ou queden varados alí", matizan.

A zona rexistra periodicamente confinamento de cetáceos que rematan, en ocasións, varando no Vao cando pretenden sair cara ao mar maior atravesando o istmo da Lanzada, explican desde a Cemma. "En todas as ocasións os cetáceos tiveron que ser rescatados, dende os anos 2000 polo menos catorce cetáceos introducíronse na zona sós ou en grupo. Na maior parte dos casos marcharon unha vez rescatados", engaden.

Operativo de rescate
Dada a complexidade do operativo, a Cemma, xunto coa Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Emerxencias e o Concello do Grove, están a preparar os medios para poder abordar a recollida dos exemplares e a súa liberación na ría.

A complexidade ven dada polo tamaño dos exemplares e polo número, ata o momento nunca se abordou un rescate de arroaces tan numeroso. Os casos acontecidos na zona sempre foros dun ou dous exemplares.

     

comentarios