Premio de 2,9 millóns para un boleto de Bonoloto selado na Cañiza

O sorteo de Bonoloto deste xoves converteu en millonario un boleto selado na Cañiza, cun premio de primeira categoría ao conter seis acertos. A aposta, validada na administración de loterías número un da localidade —situada en Travesía do Mercado, 4—, ten un premio de 2.945.183 euros.

A combinación gañadora está formada polos números 47, 12, 23, 10, 19 e 33. O complementario é o 45 e o reintegro, o 1.

Tamén hai un boleto cun premio de segunda categoría (cinco números + o complementario), cuxo propietario recibirá 186.251 euros. Selouse en San Sebastián.

Comentarios