O PPdeG propón a María Dolores Fernández Galiño para o cargo de valedora do Pobo

O PSdeG asegurou que a súa formación "non obstaculizará" a rexeneración de dito cargo, que debe ser apoiada por unha maioría cualificada
INCIO
photo_camera Valedor do Pobo. EP

O grupo maioritario no Parlamento de Galicia, o Partido Popular, propuxo á maxistrada María Dolores Fernández Galiño para o cargo de valedora do Pobo, vacante desde o pasado martes após a renuncia de Milagros Otero, titular da institución desde 2015.

Así, segundo fontes parlamentarias consultadas por Europa Press, o Grupo Popular rexistrou na mañá deste mércores ante a Cámara a proposta para que Fernández Galiño se converta en valedora do Pobo, designación que debe ser apoiada por unha maioría cualificada, é dicir, tres quintas partes do pleno do Parlamento de Galicia.

Deste xeito, o Partido Popular necesita do apoio dalgún dos grupos da oposición –PSdeG, En Marea e BNG– para que a súa proposta salga adiante, xa que os seus 41 deputados non son suficientes para alcanzar dita maioría cualificada, fixada en 45.

DECLARACIÓNS DO PSDEG. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, asegurou que a súa formación "non obstaculizará" a rexeneración na institución do Valedor do Pobo e criticou que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, fose "cómplice" do "escurantismo" e as "irregularidades". "Cremos que era unha decisión necesaria pero non é unha decisión suficiente para que as institucións funcionen de forma adecuada en Galicia", apuntou.

Comentarios