Portos galegos con distintivos de calidade

Galicia contou este ano con certificación ambiental en 12 peiraos distinguidos con bandeira azul e en 14 coa Q de Calidade Turística
El puerto de A Guarda. EP
photo_camera O porto da Guarda. EP

A BANDEIRA azul é un galardón anual e un sistema de certificación da calidade ambiental que se outorga cada ano ás praias e portos en base a criterios como a calidade das augas, a información e educación ambiental, a xestión ambiental e seguridade e os servizos e instalacións cos que contan. No caso dos portos, este ano foron recoñecidos en Galicia con estes distintivos un total de 12, o que certifica que contan con instalacións da máxima calidade ao servizo dos seus usuarios.

Este galardón, impulsado pola Foundation for Environmental Education desde 1987, promove e premia ademais a participación en iniciativas ambientais voluntarias das autoridades municipais, a poboación local e visitante e os axentes do sector do turismo. O total de 12 portos galegos recoñecidos ao longo deste ano con ese distintivo de calidade repártense entre a provincia de Pontevedra, cun total de seis bandeiras azuis, a da Coruña, con cinco, e a de Lugo, con Ribadeo como único porto con esa distinción.

A concesión destas distincións permite desenvolver actividades como o  ecoturismo ou aumentar a accesibilidade a nbsp;persoas&con discapacidade

Outro elemento que serve para calibrar a calidade das instalacións náutico-recreativas dunha comunidade é a Bandeira Q de Calidade Turística, un distintivo que este ano obtiveron 14 portos de Galicia. Dous delas foron a parar ao concello pontevedrés de Sanxenxo mentres que os trece restantes corresponderon aos portos deportivos da Coruña, Ares, Boiro, Portosín, Ribeira, Sada, Ribadeo, Baiona, Cangas, O Grove, Vigo e Portonovo.

Os requisitos esixidos para obter este tipo de recoñecemento teñen que ver coa prestación dos diferentes servizos e cos sistemas e métodos necesarios para asegurar o seu nivel de calidade. Entre eles están as condicións hixiénicas das instalacións, os servizos de seguridade, a oferta de lecer ou a información xeral e particular facilitada aos visitantes.

A concesión destas distincións permite desenvolver ademais novas actividades como o ecoturismo, o uso de enerxías verdes, o desenvolvemento de novos sistema de información ou tamén aumentar a accesibilidade ás instalacións para persoas con capacidades diferentes.

Comentarios