Portomarín conmemora o mércores o 10º aniversario da exhumación dos restos de Severino Rivas

A do exalcalde de Castro de Rei foi unha das primeiras que a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica fixo en Galicia
Imagen de archivo de los trabajos de exhumación de Severino Rivas
photo_camera Imagen de archivo de los trabajos de exhumación de Severino Rivas

O décimo aniversario da exhumación do que foi alcalde do municipio de Castro de Rei Severino Rivas Barja terá lugar o vindeiro mércores 19 de agosto en Cortapezas (Portomarín).

Severino Rivas foi asasinado o 29 de outubro de 1936 por un grupo de falanxistas e sesenta e nove anos despois, en agosto de 2005, os restos do último alcalde democrático deste municipio da Terra Chá foron localizados e exhumados en Cortapezas.

A súa foi unha das primeiras exhumacións que a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) fixo en Galicia.

A integrante desta organización Carmen Rodeja destacou este xoves o importante labor do fillo de Severino, Darío Rivas, un dos verdadeiros impulsores da Querela Arxentina contra os crimes do franquismo nun acto de "xustiza e sentimento", dixo.

Comentarios