martes. 15.06.2021 |
El tiempo
martes. 15.06.2021
El tiempo

Pontón responsabiliza a Feijóo das colas na vacinación masiva

Pontón, en Lugo. SEBAS SENANDE
Pontón, en Lugo. SEBAS SENANDE
A líder do BNG pedirá a comparecencia no Parlamento do presidente da Xunta para que explique os motivos das aglomeracións

Ana Pontón esixe que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, compareza a próxima semana no Parlamento para dar explicacións sobre as "aglomeracións e colas" que se viviron este martes na vacinación masiva e que adopte as medidas para evitar que se repita está situación, como o reforzo de persoal.

A portavoz nacional do BNG responsabilizou directamente a Núñez Feijóo desta "falta de planificación".

"Estamos asistindo a un exercizo de propaganda, publicidade e mentira que tamén se instalou non proceso de vacinación", afirmou este mércores en Lugo a líder da fronte nacionalista.

Ana Pontón reclamou máis medios para que a vacinación sexa "áxil, ordenada, eficaz e sen risco para a poboación".

Pontón responsabiliza a Feijóo das colas na vacinación masiva
comentarios