As Pontes rende homenaxe a Echeverría

Numerosos veciños e autoridades acoden a unha concentración polo heroe do atentado de Londres

Os veciños das Pontes  concentráronse este sábado para despedir ao que fose o seu veciño, o heroe e vítima do atentado de Londres, Ignacio Echeverría.

A congregación, convocada polo Concello coruñés, tivo lugar ás doce do mediodía na Praza da Carmen e serviu como "sinal de repulsa e para condenar o terrorismo, segundo as declaracións do propio alcalde,Valentín González Formoso.

Durante o acto tomaron a palabra o propio Formoso e o ministro conselleiro da embaixada británica. Tamén acudiron numerosos veciños, así como alcaldes próximos ao municipio. Profesores do conservatorio interpretaron Negra sombra.

O rexedor leu un manifesto, co que en nome do Concello mostrou a súa solidariedade con familia e achegados de Echeverría.

A deste sábado foi a terceira e última xornada de loito oficial no municipio.

O consistorio valorou o feito de que pagase "o seu heroísmo coa súa propia vida" e reiterou o "rexeitamento a calquera forma de terrorismo".

Xunto a esta concentración, a localidade estenderá a homenaxe ao jóven outorgando o seu nome ao parque próximo á que foi a súa vivenda, situado no Poboado do Anguieiro.

Ignacio Echeverría residiu nas Pontes ata que cumpriu os 11 anos, debido a que o seu pai era empregado da empresa eléctrica Endesa.

Comentarios