Policías e Bombeiros son atendidos por síntomas de asfixia tras asistir a un falso incendio

Dous axentes da Policía Local de Vigo foron atendidos ao presentar síntomas de asfixia, ahogamiento e mareos tras levar a cabo unha intervención nunha vivenda de Vigo que ao parecer fora fumigada previamente cun produto contra as termitas.

Os feitos sucederon ás 22.50 da noite de onte cando un particular chamou ao servizo de urxencias 112 para alertar dun posible incendio nunha vivenda ao observar que dela saía fume.

Avisados os bombeiros, estes trasladáronse ao lugar e tras inspeccionar a vivenda observaron fume en suspensión pero que non procedía dun foco de lume. Tamén os dous axentes da Policía Local realizaron unha inspección da vivenda sen apreciar aparentemente incidencia algunha.

Ao ser interrogados os propietarios da casa, estes dixeron aos axentes de que a vivenda fora fumigada cun produto insecticida contra as termitas, o que podería producir a fumareda.

Unha vez finalizada a intervención na casa, os dous axentes que se trasladaron ao lugar comezaron a sentirse mal e a ter síntomas de asfixia, ahogamiento e mareos, polo que foron trasladados ao hospital Povisa.

Tamén os bombeiros que interviñeron foron derivados por precaución ao mesmo centro sanitario, aínda que foron dados de alta pero deberán permanecer baixo vixilancia médica por un prazo de 24 horas.

A Policía Local procedeu ao desaloxo da casa como medida preventiva, sendo os seus moradores trasladados igualmente ao hospital para ser observados.

Fontes da Policía Local dixeron que se iniciou as correspondente dilixencias para coñecer se o produto de fumigación utilizado na vivenda pode ser manipulado por un particular ou ha de ser unha empresa autorizada a que deba facer uso del.

Comentarios