A Policía Local de Teo advirte dun aumento de avisos por intentos de suicidio

Os axentes interviñeron o pasado fin de semana para auxiliar a unha moza
Vehículos de la Policía Local de Teo. EP
photo_camera Vehículos de la Policía Local de Teo. EP

A Policía Local de Teo advirte dun incremento de avisos por intentos de suicidio logo de auxiliar unha moza a pasada fin de semana xunto a persoal de Protección Civil.

A través dun comunicado, a Policía Local de Teo explicou que interveu a pasada fin de semana tras o aviso do 112 a persoal municipal de que unha moza enviara unha mensaxe á súa nai "dicíndolle que se quería suicidar e que estaba nun monte sen precisar localización".

Tras realizar unha serie de xestións, a moza foi localizada nun monte próximo á súa vivenda e convencérona para volver cos seus pais. Na súa casa foi atendida por unha dotación do 061, que informou da necesidade do traslado da moza a un centro hospitalario para ser tratada.

No momento no que foi informado diso, a moza fixo un intento de tirarse por unha fiestra", o que evitaron axentes de Policía Local e efectivos de Protección Civil. A moza finalmente foi levada a un centro hospitalario.

Por parte da Policía Local de Teo advirten de que detectaron "un incremento de avisos nos últimos meses de intentos de suicidio". Por iso, se algunha persoa necesita acompañamento a este respecto, o Concello desta localidade recorda que dispón dun Centro de Información á Muller cunha psicóloga (981 93 84 75) e "en calquera dos servizos de seguridade ou benestar poderán atendela nunha primeira intervención".
 

VEDRA. Este xoves o 112 mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago tras recibir o aviso de que unha persoa se precipitou desde unha ponte que cruza a AP-53, en Vedra. Ao chegar ao lugar os sanitarios non puideron facer nada por salvarlle a vida á vítima.