Polémica entre a Xunta e Aena polos cribados nos aeroportos e estacións

Feijóo solicita poder facer PCR aos viaxeiros e o xestor aeroportuario remítese a un convenio similar ao de Baleares e Canarias
Pasajeros en Lavacolla. PEPE FERRÍN (AGN)
photo_camera Pasaxeiros en Lavacolla. PEPE FERRÍN (AGN)

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, aproveitou para pedir "formalmente", algo que leva facendo un mes", segundo dixo, "poder facer PCR en aeroportos e estacións de ferrocarril", xa que o Goberno leva "un mes mareando a perdiz", a Xunta carece de autorización e "a Semana Santa está aí", advertiu. 

"O lóxico é que se non o fan, que deixen ás comunidades autónomas facelo. O mínimo é deixarnos traballar, é máis razoable que improvisar algunhas medidas que hai uns días nin sequera estaban expostas", concluíu.  

Esta queixa, que xa deslizara horas antes na sesión de control do Parlamento galego, en Santiago, foi replicada por Aena, o xestor aeroportuario. 

Fontes de Aena sinalaron a Efe que este mesmo mes o Executivo galego enviou unha proposta, á que se lle dixo que si, e acto seguido remitiuse á administración autonómica un convenio similar ao asinado con Baleares e Canarias que fan estes cribados desde hai meses. A versión de Aena é que non obtiveron contestación ata o pasado martes pola tarde e "con reticencias". 

Comentarios