Pinta sobre o capó do seu propio coche unha declaración de amor

Un veciño do Carballiño sorprendeu así á súa parella 
Original declaración de amor en O Carballiño. CRTVG
photo_camera Orixinal declaración de amor no Carballiño. CRTVG

Orixinal declaración de amor no Carballiño. CRTVGFacendo boas as teses de Sigmund Freud, que describiu o namoramento como un estado de tolemia transitoria, un home do Carballiño escolleu unha singular xeito de demostrar a paixón que sente cara á súa parella escribindo con espray unha declaración de amor nada menos que sobre o seu propio coche, con proclamacións como "Ámote, o meu ceo", "quero unha vida infinita contigo" e "es o mor (sic) da miña vida".

O acto pillou por sorpresa tanto á destinataria da mensaxe como aos veciños do lugar.

Comentarios