Un médico de Vigo enfréntase a dous anos de prisión por lesións graves a unha ximnasta

A deportista Desirée Vila sufriu a amputación dunha perna despois de que non lle diagnosticasen unha trombosis arterial
El acusado, en un momento del juicio
photo_camera El acusado, en un momento del juicio

Este luns tivo lugar en Vigo o xuízo pola posible neglixencia dun dos médicos que atendeu á ximnasta Desirée Vila. A Fiscalía solicita dous anos de prisión e catro de inhabilitación, así como o pago dunha indemnización de preto de dous millóns de euros.

Os feitos dos que se lle acusa tiveron lugar o 26 de febreiro de 2015, cando a deportista sufriu un accidente mentres adestraba. En primeira instancia diagnosticáronlle unha lesión no seu xeonllo dereito, fractura de peroné e outra posible fractura do prato tibial dereito.

Con todo a situación da moza foise complicando perigosamente e foi trasladada desde o centro médico vigués no que traballa o acusado ao Hospital Povisa. Foi aquí, seis días despois do terrible accidente, onde lle foi amputada a perna dereita a Desirée Vila ao sufrir unha trombosis arterial tras unha operación.

O acusado declarouse inocente e mantén que o labor no seu centro foi impecable. "A -primeira- operación foi ben. Controlámola e monitorizamos durante os tres días -que permaneceu no centro antes do seu traslado a Povisa- e a circulación do sangue chegaba perfectamente aos dedos do pé", declarou, á vez que culpaba ao doutor do outro hospital de malinterpretar os datos que lle chegaron e de non ser capaz de evitar os problemas vasculares que derivaron na amputación do membro de Vila.

A Fiscalía, pola súa banda, culpa ao médico acusado de non facer as pertinentes probas diagnósticas complementarias, mentres que a nova ximnasta non cre que se deba "falar de culpables", e que só pretende que "se faga xustiza".

Comentarios