sábado. 23.01.2021 |
El tiempo
sábado. 23.01.2021
El tiempo

Piden sete anos de prisión para un home acusado de abusar da súa filla

Juzgados de Santiago. GSV
Juzgados de Santiago. GSV
O xuízo celebrarase a porta pechada en Santiago

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, celebrará o mércores, día 25, un xuízo contra un home acusado de abusar da súa filla, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). Por estes feitos, o ministerio público solicita unha condena de sete anos e catro meses de prisión polos delitos de abusos sexuais e exhibicionismo. O xuízo celebrarase a porta pechada. 

No seu escrito de cualificación dos feitos, Fiscalía sostén que o acusado, con antecedentes penais, durante o período de convivencia coa súa filla, nunha data non determinada de 2015 no domicilio familiar, do partido xudicial de Santiago de Compostela, cometeu os feitos. 

Posteriormente, en agosto de 2017, cando a menor se atopaba cumprindo o réxime de visitas no domicilio do seu pai, repetiuse en varias ocasións o delito de exhibicionismo que se lle imputa ao home. 

Piden sete anos de prisión para un home acusado de abusar da súa filla