Pescanova asina o seu crédito de 56 millóns con seis entidades e a Xunta

Pescanova disporá dunha liña de crédito sindicada de 56 millóns de euros para atender ás necesidades de circulante máis urxentes, tras asinar hoxe o acordo con Sabadell, Popular, NCG Banco, Caixabank, Bankia, BBVA, Santander e a Xunta de Galicia (Xesgalicia/Sodiga).

Así o comunicou hoxe a administración concursal de Pescanova, a auditora Deloitte, Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).

Este préstamo é un dos obxectivos prioritarios que Deloitte leva intentando alcanzar desde que asumiu o seu cargo o pasado mes de maio.

Pescanova atópase en concurso de acredores, cunha débeda estimada nuns 3.400 millóns de euros e un centenar de bancos acredores, na súa maioría estranxeiros.

Comentarios